Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Gala Solidaria de Nadal do Concello de Verín recada 680 euros para as mulleres afectadas pola violencia de xénero na comarca de Monterrei
A Gala Solidaria de Nadal do Concello de Verín recada 680 euros para as mulleres afectadas pola violencia de xénero na comarca de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 05 Xaneiro 2019 15:08

Onte tivo lugar no Auditorio Municipal de Verín a Gala Solidaria de Nadal a favor das vítimas de Violencia de Xénero que, con máis dun centenar de asistentes, logrou recadar un total de 680 euros, importe que será destinado integramente  ás mulleres con necesidades  especiais por  calquera circunstancia derivada da violencia  na comarca de Monterrei.

A gala, que foi presentada por Jacobo García e Alberto Rodríguez,  contou coas actuacións musicais da Asociación Cultural Candaira, da cantante Miriam Salgado e dos músicos Álvaro Seoane (Piano),  Yago Vázquez (Frauta), Miguel Ángel Guerra (Clarinete), José Manuel Salgado (guitarra) e Nicanor  Domínguez (clarinete).


O teatro tamén tivo o seu espazo neste evento solidario da man das novas actrices locais  Omaima  Fathaallah e Helena Pousada que interpretaron, respectivamente,  os monólogos clásicos “ Medea” e “ Laurencia de  Fuenteovejuna”.

No acto  tamén se  proxectou o spot audiovisual “Ti, que maltratas”,  dirixido por Iris Justo e realizado en colaboración con diversas mulleres dá Comarca de Verín e que forma parte dá campaña de sensibilización contra a violencia de  xénero realizada polo CIM da  Mancomunidade de Municipios dá Comarca de Verín

Ao finalizar a velada, a  concelleira de Educación Cultura  e Festexos, Emilia  Somoza, fixo entrega do cheque de 680 euros a Tamara  Balboa, coordinadora de actividades  do Centro de  Desenvolvemento Rural Portas  Abertas, colectivo  responsable de xestionar a recadación solidaria.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac