Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Carmen Adán presenta o seu último libro “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión” na Biblioteca de Verín
Carmen Adán presenta o seu último libro “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xaneiro 2019 11:20

O venres 11 de xaneiro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Pública do Concello de Verín, acolle a presentación do último libro de Carmen Adán, “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”, da editorial Galaxia. 

O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo. Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combater.

+info: www.bibliotecadeverin.es

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac