Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A UNED imparte un curso sobre licores e destilados no Museo Claustro Mercedarios do Concello de Verín
A UNED imparte un curso sobre licores e destilados no Museo Claustro Mercedarios do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xaneiro 2019 13:57

Os días 18 e 19 deste mes, a  UNED impartirá en Verín o curso  "Destilados e licores", que se vai a desenvolver nas instalacións do Museo  do Viño dous  Mercedarios. Consta de seis horas lectivas e a docente é Sandra Cortés  Dieguez, doutora en Química pola Universidade de Vigo, licenciada en Química Analítica pola Universidade de Santiago de Compostela; máster en Viticultura, Enoloxía e Márketing do Viño,  formadora do panel de cata Bagazo de Galicia e investigadora no Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo desde o ano 2010.

O curso deseñouse con 30 prazas e a matrícula custa 10 euros. A través desta iniciativa daranse coñecementos de elaboración de destilados, destacando os elaborados con bagazos de uva, ademais de degustar os destilados de “ bagazo” de Galicia, os envellecidos, augardente de herbas, Licores Tradicionais, Licor Café e Licor de Herbas, así como grampas, augardentes do  Liébana,  marc de #Cava e  Pisco.

O programa de sesións abrirase o venres, 18 de xaneiro, de 18.00 a 19.00 horas, con teoría para tratar da elaboración de destilados – materia prima – equipos de destilación – procesos de acondicionamento. A continuación, desde as 19.00 ás 20.00 horas, explicarase a identificación práctica de compostos positivos e negativos para o aroma. Despois tratarase acerca das xeneralidades sobre a análise sensorial aplicada a destilados para finalizar a xornada coa degustación de oito destilados.

Ao día seguinte, sábado 19 de xaneiro, de 10.00 a 11.00 horas, Sandra Cortés falará sobre a elaboración de licores – materia prima – equipos de destilación – procesos de acondicionamento. Tras esta sesión teórica haberá unha degustación de licores tradicionais. Unha vez finalizada, a partir das 12.15 e ata as 13.00 horas terá lugar unha nova degustación mediante cata comentada de augardentes e licores de distinta orixe e procesos de elaboración, para definir  descriptores sensoriais e peculiaridades a partir de dez mostras.

Esta actividade en Verín está patrocinada polo  Concello de Verín e dirixida por Jesús Manuel García Díaz, director do Centro Asociado á  UNED en Ourense e coordinada por Luís José López  Paadin, autor da Guía de Viños de Galicia.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac