Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín retoma o programa educativo infantil Kero Kolo
O Concello de Verín retoma o programa educativo infantil Kero Kolo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xaneiro 2019 09:48

A área de Educación do Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo, que se desenvolverá todos os martes e xoves, de 11:00 a 12:30 horas, na aula de psicomotricidade do Pavillón Municipal de Deportes. Esta iniciativa busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de cero a tres anos de idade) onde, acompañados pola persoa directora das sesións, crearase un espazo relacional,  asentando así as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais.

Devandito programa ten por obxectivo crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os/as menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos/as participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

As inscricións pódense realizar no Servizo de Educación e Apoio familiar situado na Casa da Xuventude ou no teléfono 988414776.


 

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac