Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e a Asociación de Oratoria e Debate (Code) asinan un convenio para a celebración do I Torneo de Debate “Vila De Verín” no mes de abril
O Concello de Verín e a Asociación de Oratoria e Debate (Code) asinan un convenio para a celebración do I Torneo de Debate “Vila De Verín” no mes de abril PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 12 Xaneiro 2019 10:16

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane e o Vicepresidente da asociación CODE asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración para que Verín acolla un torneo de debate universitario de carácter estatal os días 12 e 13 de abril.

A asociación de oratoria e debate CODE ten como obxectivo fundacional promover o desenvolvemento de actividades académicas e competitivas relacionadas coa oratoria e o debate ao longo da xeografía galega.

Por primeira vez, unha vila do rural acollerá un torneo destas características de ámbito estatal. No campionato participarán un total de 24 equipos vidos de todas partes do Estado, que convivirán e competirán no Auditorio de Verín durante a segunda fin de semana de abril.

Os mellores oradores universitarios daranse cita na vila de Verín e debaterán no formato internacional de debate, o “brittish parliament”. Este formato contempla debates entre catro equipos dunha hora de duración con intervencións de 7 minutos por orador. Os temas de debate son informados aos participantes por parte do equipo de adxudicación do torneo apenas 15 minutos antes do comezo de cada rolda debate. Neste formato favorécese a capacidade de improvisación construíndo argumentos sólidos e racionais para defender diferentes posturas sobre temas de diversas índoles. Trátase dun formato que naceu no mundo universitario anglosaxón hai máis de medio século e que se está a estandarizar en España na última década.

Galicia figura como punteira e referente a nivel estatal e internacional. Iván Olmos Ferreiro, quen será o director do torneo, foi proclamado Campión Mundial de Discursos no 2018 (Chile) e segundo mellor orador do mundo en español no Campionato Mundial de Debate do 2017 (Guatemala). Así mesmo xa ten organizado e dirixido competicións deste tipo en Galicia nos últimos anos. Tamén foi semifinalista mundial de debate no 2016 (Córdoba) e dúas veces subcampión nacional desta mesma disciplina. “Será a primeira vez que un evento destas características e desta magnitude se celebre no rural”, afirma Olmos.

Verín será visitado polos mellores 70 oradores e oradoras de todo o Estado, pois primarase a experiencia e o palmarés para poder participar nesta competición. O campionato aspira a converterse nunha referencia en Galicia deste tipo de torneos para o futuro. Os máis de 70 participantes terán a oportunidade de visitar e coñecer a vila verinense mentres debaten sobre temas de actualidade, políticos, éticos, filosóficos, sociais ou económicos.

Así mesmo, dende o Concello de Verín preténdese que esta experiencia sirva tamén para promover a disciplina do debate de competición entre os escolares do municipio, que estarán convidados a presenciar as semifinais e a gran final do campionato o sábado 13 de abril no Auditorio.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac