Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno infantil de Verín interésase pola tolerancia, a solidariedade, o respecto polos dereitos humanos e a paz
O pleno infantil de Verín interésase pola tolerancia, a solidariedade, o respecto polos dereitos humanos e a paz PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Xaneiro 2019 15:33

Máis de 120 alumnos de Primaria e 1º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron esta mañá no Pleno Infantil, convocado no Auditorio Municipal polo Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

Coincidindo coa celebración, o vindeiro 30 de xaneiro, do Día Escolar da Non Violencia e a Paz,  o pleno infantil deste ano centrouse na valorización dunha educación que fomente a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia  e a paz.

Durante a sesión, presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, a as concelleiras de Cultura, Educación e Festexos, Emilia Somoza, de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de expoñerlle aos membros da corporación municipal  varias propostas, tales como: o acondicionamento e mellora das instalacións deportivas do Complexo Deportivo de A Granxa, a creación dun espazo de lecer específico para a mocidade ou a creación dun plan específico de melloras  de accesibilidade e seguridade viaria para que os menores poidan acudir sós aos centros educativos de maneira segura.

Ao finalizar o pleno, os cativos tamén tiveron a oportunidade de expoñerlle aos representantes públicos moitas das súas inquedanzas, tales coma os problemas de despoboamento, o consumo de drogas en parques públicos ou a correcta utilización do mobiliario urbano.

Diego Lourenzo quixo recordar que esta sesión plenaria foi concibida polo  Concello  e os centros educativos coa finalidade de fomentar os valores de convivencia, tolerancia, respecto e non violencia entre os máis pequenos.   “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un  método moi efectivo  para que os nenos e nenas lle transmitan aos seus pais e familiares estes valores”.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac