Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Sala de Exposicións de Verín acolle as mostras “Obxectivos do desenvolvemento sostible” e “15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte”
A Sala de Exposicións de Verín acolle as mostras “Obxectivos do desenvolvemento sostible” e “15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Xaneiro 2019 11:58

Desde hoxe martes, 29 de xaneiro,  a Sala de Exposicións de Verín acolle as exposicións “OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”, ata o día 14, e “15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE”, ata o día 7 de febreiro.

Coa finalidade de divulgar os 17 obxectivos que se pretenden conseguir até o ano 2030, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un dos dezasete obxectivos consensuados pola comunidade internacional. As 17 viñetas, con cadanseu ODS, están impresas en vinilo sobre 9 caixas de cartón, tamaño 80x118x78 cm, que se colocan á súa vez sobre outras tantas caixas de idénticas dimensións en sentido inverso.

A Sala de Exposicións de Verín acollerá simultaneamente a exposición “15 visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte”. Nesta mostra, que incide especificamente no obxectivo da igualdade de xénero (ODS n.º 5), quince mulleres vítimas de violencia de xénero versionan obras de arte moi populares (La maja vestida, Goya; La Gioconda, Leonardo da Vinci…). A exposición, que consiste en 15 fotografías de 79x50 cm e outras tantas cartelas explicativas, está organizada polo CIM (Centro de Información á Muller) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

Ambas as dúas exposicións está previsto que sexan visitadas, do día 1 ao día 7, por grupos 13 de alumnos e alumnas pertencentes ao IES Castro de Baronceli (alumnado de 1º a 4º de ESO), IES Xesús Taboada Chivite (un grupo de ESO), Colexio Apostólico Mercedario (alumnado de 1º a 4º de ESO) e Colexio María Inmaculada (alumnado de 1º e 3º de ESO). Educadoras do CDR Portas Abertas e da Cruz Vermella, organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento (ONGD) operantes na nosa comarca, e persoal do Concello de Verín e do CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín presentaranlle aos grupos os contidos das exposicións e ofreceranlle material didáctico complementario. Coa pretensión de fomentar a reflexión e concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir respecto dos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible, ao alumnado participante ofreceráselle, tras a visita, que negocien entre si unha acción que poidan realizar para incidir na consecución de un dos 17 ODS.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac