Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “El gran baño e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no cinema municipal de Verín
“El gran baño e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Xaneiro 2019 14:22

Durante os días 1, 2 e 3  de febreiro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “El gran baño” e “La gran aventura de los Lunnis y el libro mágico” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:




  • 01-02-19: EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h 


  • 02-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00  e 19:00 horas

                           EL GRAN BAÑO: 22:00 h.


  • 03-02-19: LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNNIS: 17:00 h

                          EL GRAN BAÑO: 19:15 e 22:00 h.

 

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

 

LA GRAN AVENTURA DE LOS LUNIS Y EL LIBRO MÁGICO. 83´ APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

A Imaxinación e o Mundo de Fantasía están en perigo. Mar, unha nena de 8 anos experta en contos e lendas grazas aos libros que o seu avó lelle cada noite, decide tentar salvalos coa axuda dos seus amigos Os Lunnis e xuntos deberán evitar a súa desaparición. O malvado Cru odia a fantasía porque carece de imaxinación e pretende acabar co Libro Máxico que contén todas as historias inventadas pola Humanidade, do que é gardiá Lucrecia. Para conseguir o seu propósito, Os Lunnis e Mar deberán entrar no libro e gañar a Cru e o seu fiel servidor, un dron chamado Alfred, nunha carreira a través dos contos máis populares. Na súa aventura, atoparanse con moitos dos personaxes dos contos máis populares como Merlín, Pinocho, Alicia, o Mago de  Oz, o  Flautista de  Hamelín ou o Ratiño Pérez, que xogarán un papel importante na súa marabillosa viaxe. (FILMAFFINITY)

 

EN GRAN BAÑO 121´. NRM 12 ANOS

En plena crise dos corenta, un peculiar grupo de homes decide formar o primeiro equipo nacional de natación sincronizada masculino. Desafiando estereotipos e ignorando a incomprensión dos que lles rodean, mergúllanse nunha insólita aventura que lles levará a facer fronte ás dificultades e a sacar o mellor de se mesmos grazas á ilusión e o traballo en equipo.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac