Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un centenar de alumnos do CEIP Amaro Refojo de Verín reciben os diplomas do programa TEI
Un centenar de alumnos do CEIP Amaro Refojo de Verín reciben os diplomas do programa TEI PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Xaneiro 2019 15:46

Esta mañá tivo lugar no CEIP Amaro Refojo o  acto oficial de entrega de diplomas e carnés aos máis de 100 alumnos/as de terceiro e quinto de primaria que participan no programa TEI (Titoría Entre Iguais).

En dito acto estiveron presentes non só o equipo encargado da implantación do programa TEI e a dirección do centro, senón tamén o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, que quixo agradecer o inestimable traballo realizado polos profesores e alumnos que participan no proxecto e destacar “a enorme potencialidade – xa comprobada- desta iniciativa  para  previr, detectar  e  actuar  en situacións de acoso ou violencia entre iguais.”

O programa TEI é proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e,  principalmente, para evitar a violencia e o acoso escolar (ou “bullying”), implantado en varios centos de centros educativos pertencentes a diferentes comunidades do estado. Na actualidade, no CEIP Amaro Refojo de Verín –así como noutros centros educativos da comarca-  xa aplican esta eficaz iniciativa que implica aos alumnos ao longo do curso escolar.

Devandito programa baséase, neste caso en concreto, no acompañamento de alumnos de quinto curso de primaria a alumnos de terceiro; cada alumno do curso inferior é titorizado por un compañeiro (titor) do curso superior –algo así coma un “irmán maior” aos efectos- que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos entre iguais, actuar como referente para a mellora da autoestima e previr as situación que posibilitan o acoso escolar.

Ricardo Rodríguez, director do CEIP Amaro Refojo, fixo un balance “moi positivo” en canto os resultados obtidos desde a implantación deste programa de convivencia institucional no centro educativo. “Estamos a comprobar que o programa esta dando resultados máis que positivos xa que, día a día, podemos observar como os alumnos que participan nesta iniciativa ven aos seus titores como unha figura protectora, á vez que próxima, á que poden recorrer para  resolver os seus problemas de convivencia sen ter que contar cun adulto".

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac