Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Tras o éxito acadado no 2018, o Concello de Verín mantén o pregón do Entroido o domingo de Corredoiro
Tras o éxito acadado no 2018, o Concello de Verín mantén o pregón do Entroido o domingo de Corredoiro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Febreiro 2019 14:06

Esta mañá, o alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, presentaron na casa consistorial de Verín a programación oficial do Entroido 2019.

Somoza quixo destacar o carácter continuista do deseño da programación destes festexos. “Ao igual que nos últimos tres anos, desde o grupo de goberno mantémonos firmes na potenciación e valorización do que consideramos que e a esencia e a identidade da nosa celebración, o entroido popular  na rúa.”. Por outra parte, a concelleira de Festexos tamén confirmou que tras o “rotundo éxito” de  acollida alcanzado o ano pasado ao programar o pregón do Entroido o Domingo de  Corredoiro, este ano vólvese a apostar pola mesma fórmula.

En canto ao orzamento do Entroido, Diego Lourenzo explicou que os gastos son moi similares aos do ano pasado, ao redor das 100.000€. “a recadación popular, tanto do libro como dos donativos, mantense respecto a edición pasada, roldando os 35.000 euros. A esta cantidade”, proseguiu  Lourenzo, “temos que sumarlle a achega realizada pola Axencia Galega de Turismo, os beneficios finais que se acaden coa venta do Merchandising oficial e a cantidade, aínda sen determinar, que achegue a Deputación Provincial de Ourense mediante a subvención xa tramitada”.

Pola súa banda, Seoane destacou que coa co obxectivo de que tanto veciños coma  visitantes poidan gozar do Entroido sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física, o Concello de Verín xa se encontra preparando o plan especial de seguridade do Entroido, “que este ano terá un importante reforzo no número de efectivos, contando coa participación de Policía Local de Verín, Garda Civil, Protección Civil, e  coa colaboración da empresa Ambulancias Sil.”, explicou o alcalde de Verín.


Descarga aquí o tríptico


PROGRAMA OFICIAL

 XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro)

Os "compadres", dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os "compadres" percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior (saída), Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducirá aos compadres polas céntricas rúas de Verín. Tras a queima, a festa rematará na Praza Maior con Discomóbil Enjoy.

 

DOMINGO DE CORREDOIRO (24 de febreiro)

A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os/as fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. Ás 13:30h na Praza Maior terá lugar o Pregón.

As charangas Támega e Vakapinta, a Discomobil Gramola e a Orquestra Trebol marcarán o ritmo durante toda a xornada.

 

XOVES DE COMADRES (28 de febreiro)

Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; as casas niño de Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; os CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas da Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e da iniciativa Kero Kolo, percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Alambique.

E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas TámegaVakapinta, Mil9, Europa e Terra de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre a 00:30, partirá a procesión.

A partir das 00:00 na Praza Maior estarán animando xa as Discomóbiles Enjoy e Gramola. En San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará na Praza Maior coa Orquestra Marbella.

 

VENRES DE COMPADREO (1 de marzo)

Pola mañá, a charanga Támega percorrerá as rúas de Verín. Pola tarde, A celebración comezará ás 19:00 horas no barrio de San Lázaro, desde onde sairán dous carros cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. En todo momento a música acompañará aos carros a cargo dos Festicultores Troupe e da Discomóbil Space.

Xa a medianoite, a festa continuará na Praza maior a cargo da Grupo Claxxon.

 

SÁBADO DE ENTROIDO (2 de marzo)

Pola mañá, as Charangas VakapintaTámega percorrerán as rúas. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, contaremos cun divertido circuíto no que as Charangas. Vakapinta e Támega levarán a música e a festa polas rúas Montemaior (saída), Lisa, Cruz, Praza Edesio Fuentes, Praza da Mercé, e regresarán a rúa Montemaior.

Ás 17:00 horas, o protagonismo será para o “Bautizo do Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez, na Praza da Mercé.

Ás 18:00 horas, a Praza da Mercé acollerá un divertido baile de capuchóns e mascaritas, amenizado pola Discomóbil Son de la Nuit.

A festa continuará, pola tarde/noite na Praza Maior coas Orquestras De Moda e Miramar.

 

DOMINGO DE ENTROIDO (3 de marzo)

Chegamos o día grande do entroido en Verín. A a partir das doce, cigarróns, comparsas e carrozas , percorren o centro da vila no gran desfile matinal ofrecendo os asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongara ate a hora de xantar.

Durante toda a xornada, as charangas TámegaVakapintaNova Terra de Terra de Trives Fuego encherán as rúas da vila coa súa música, pola tarde/noite as orquestras Principal e o Ritmo Joven amenizarán a Praza Maior ata ben entrada a madrugada.

 

LUNS E ENTROIDO (4 de marzo)

Pola maña, animación musical a cargo da charanga Támega. A partir de las 16:30 horas, entroido infantil con obradoiros, xogos e karaoke no Pavillón Municipal de Deportes. A tarde estará amenizada pola música da charanga Támega que percorrerá a vila entre mascaras e disfraces. Non nos esquecemos dos nosos maiores, no Centro da Terceira Idade da Alameda, haberá un divertido baile de entroido coa Charanga Támega.

Pola tarde, a música comeza da man das Orquestras AramioNevada na Praza Maior, onde os asistentes disfrutarán coa degustación de dous dos nosos tradicicionais productos gastronómicos típicos do Entroido: empanada e bica. A festa continuará pola noite na Praza Maior cunha gran verbena amenizada coa actuación das mesmas orquestras.

 

MARTES DE ENTROIDO (5 de marzo)

Chegamos a recta final. último día da gran troula popular. Pola maña, animación musical a cargo das charangas Támega e Mil9. A partir das 16:30 da tarde, o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor, acompañadas de acordes musicais das charangas TámegaTerra de Trives, Mil9 e Fuego. Como non podería ser de outra maneira, a festa seguirá na Praza Maior coas orquestras La Oca Garibaldi.

 

DOMINGO DE PIÑATA (10 de marzo)

Como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles amenizada por unha discomóbil.

Farase entrega tamen dos tradicionais premios ”Cigarrón de honra” “Pescadilla” e “Fidelidade.”

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac