Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 263 persoas participaron nos obradoiros “Cambios na fala, cambios na mente” organizados polo Concello de Verín
263 persoas participaron nos obradoiros “Cambios na fala, cambios na mente” organizados polo Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2019 13:48

Desde a área de Psicoloxía de Servizos Sociais do Concello de Verín, leváronse a cabo -entre novembro do 2018 e xaneiro do 2019- unha serie de obradoiros titulados “Cambios na fala, cambios na mente”, impartidos pola psicóloga municipal, Noemi Vázquez, e desenvolvoltos en colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co obxectivo de concienciar as persoas de que debemos cambiar a forma en que falamos de, e cara, ás persoas maiores.

Son moitos os estereotipos que circulan na linguaxe habitual polo feito de cumprir anos, sendo cada vez máis ríxida a visión social sobre unha etapa da vida diversa e libre coma poucas. Ese encarrilamento o que lle sometemos (nos sometemos) ca linguaxe, non soamente é discriminatorio se non que ten graves repercusións na autoestima de muller ou home que envellece.

O Grupo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pon en marcha este proxecto, co cal se pretende facer fincapé en novas formas de falar das persoas maiores. Un obradoiro a través do cal traballar e sensibilizar sobre os estereotipos perpetuados e interiorizados respecto ás persoas maiores, e que está destinado de forma preferente, a aquelas persoas que pola súa actividade profesional, traballan con persoas maiores.

O Concello de Verín participou nesta labor de concienciación, a través dos distintos obradoiros que tiveron lugar nos Institutos de Educación Secundaria da vila, así coma no medio rural, chegando incluso as auxiliares do servizo de axuda a domicilio do concello, participando un total de 263 persoas, entre rapaces, adultos e profesionais do sector da atención o maior.

Desde a área de Psicoloxía municipal salientaron que “a aceptación por parte dos participantes nos obradoiros foi un éxito, debido a que forman parte activa do mesmo en todo momento, participando en pequenas dinámicas que reflicten situacións cotiás da vida, nas que a linguaxe merma claramente a autoestima dos nosos maiores.” Así mesmo, os responsables do proxecto tamén destacaron que do 99% das persoas maiores do rural, as que se lle preguntou si se sentían maiores, contestaron un rotundo “NON”.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac