Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín oferta un curso de interpretación teatral
O Concello de Verín oferta un curso de interpretación teatral PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Febreiro 2019 13:02

O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila dende o mes de marzo ata xuño do presente ano. A actividade terá unha periocidade semanal, cunha división en dous grupos, mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, con orientación ao superamento de bloqueos emocionais.

A finalidade do curso, ademais da profesionalización actoral, é o recoñecemento e eliminación da autocensura, provocada polos condicionantes sociais nos que todos nos atopamos envoltos. A inspiración, tanto práctica coma teórica, parte das ensinanzas dos principais mestres da interpretación do século XX. A perspectiva didáctica estará enfocada ao teatro pobre, centrado na formación total do actor, tanto física coma psicoloxicamente.

Un dos apartados da programación oriéntase á representación de escenas a finais do mes de xuño, momento no que se amosará a creatividade e a coraxe dos alumnos  coma o seu desenvolvemento no escenario. Será o resultado das dotes lembradas ao longo do curso. Segundo o profesor, “a idea é que o alumno constrúa a súa propia burbulla creativa”.

As persoas de 12 a 18 anos estarán no grupo de mozos. Os maiores de 18, no de adultos. O contido será o mesmo para os dous grupos, mais tendo en conta as diferenzas xeracionais. Os interesadas en inscribirse neste curso, que terá un custo de 80 euros, poden facelo no primeiro andar do Concello de Verín (Oficina de Cultura).

Máis información: 600234318.



 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac