Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 300 escolares visitaron a exposición obxectivos do desenvolvemento sostible
Máis de 300 escolares visitaron a exposición obxectivos do desenvolvemento sostible PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Febreiro 2019 13:32

Desde o pasado día 1 de febreiro, 332 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria de catro institutos e colexios verinenses participaron, en visitas programadas polas súas aulas, nas exposicións Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e 15 Visións: unha perspectiva de diferentes realidades desde o punto de vista da arte. Os 15 grupos, que participaron en horario escolar en actividades que se desenvolveron na Casa da Cultura e na Sala de Exposicións de Verín, pertencían ao IES Castro de Baronceli (1º a 4º de ESO), IES Xesús Taboada Chivite (1º de ESO), Colexio Apostólico Mercedario (alumnado de 1º a 4º de ESO) e Colexio María Inmaculada (1º, 2º e 3º de ESO).

Educadoras sociais do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e da Cruz Vermella e persoal do Concello de Verín realizaron no curso das visitas diversas actividades con cada un dos 15 grupos participantes coa finalidade de transmitirlles contidos complementarios ás exposicións. Tamén, a cada alumno e alumna participante entregáronlle diversos materiais didácticos relacionados cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e unha ficha de autoavaliación, para contrastar datos recollidos na exposición ou informacións recibidas nas actividades complementarias.


Coa pretensión de fomentar a reflexión  e concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir respecto dos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible, o alumnado de cada un dos grupos participantes pactaron unha acción que realizarán para incidir na consecución de un dos 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.

A exposición  Obxectivos do Desenvolvemento Sostible permanecerá aberta até o día 14

Obxectivos do Desenvolvemento Sostible é un proxecto expositivo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (no que participa o Concello de Verín) que ten como finalidade divulgar os 17 obxectivos que a ONU pretende conseguir até o ano 2030 para lograr un avance cualitativo a nivel mundial en aspectos relacionados coa saúde, a educación ou a calidade de vida.

Para iso, reuniu a 15 debuxantes de Galicia, Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau para que realizasen 17 viñetas, unha por cada un dos dezasete obxectivos consensuados pola comunidade internacional. As 17 viñetas, con cadanseu obxectivo para o desenvolvemento sostible, están impresas en vinilo sobre 9 caixas de cartón de gran tamaño, que se colocan á súa vez sobre outras tantas caixas de idénticas dimensións.

A mostra Obxectivos do Desenvolvemento Sostible poderase visitar até o vindeiro xoves día 14, en horarios comprendidos entre as 16:30 e as 20 h.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac