Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín forma a futuros profesionais da Atención Sociosanitaria
O Concello de Verín forma a futuros profesionais da Atención Sociosanitaria PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Febreiro 2019 14:47

Un total de 15 alumnos participan no “Curso de atención sociosanitario a persoas dependentes en institucións sociais" que se está a impartir na Casa da Xuventude do Concello de Verín.

Os alumnos que completen esta acción formativa conseguirán o certificado de profesionalidade nivel 1 (titulación mínima necesaria para traballar en institucións xerontolóxicas a partir do ano 2020) que os capacitará para atender de maneira óptima a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando estratexias e procedementos profesionais destinados a manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención ao Concello de Verín para a organización deste curso, que foi solicitado, por terceiro ano consecutivo, desde a área de Réxime Interior e  Recursos Humanos. Esta formación  componse dunha parte teórica e dunha parte práctica (ao final do curso). A súa duración é de 468 horas e comprende desde o 7 de  febreiro ata o 1 de xullo do 2019.

"Este é un curso moi demandado, xa que desde que o solicitamos no 2015 todos os anos tivo aforo completo. Devandita demanda é constante no tempo, e máis aínda cando se proxectan abrir institucións dedicadas ao coidado de persoas dependentes en Verín, como son a inminente apertura en marzo do centro de día e a futura residencia de anciáns en  Caldeliñas", salientou a concelleira de Recurso Humanos do Concello de Verín, Rosario Rodríguez.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac