Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2019 de Verín
Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2019 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Febreiro 2019 14:57

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para inscribirse é o venres 1 de marzo, ás 14:00 horas.

A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización e será conretada na reunión organizativa do desfile que terá lugar o mércores 27, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística de Verín para facer efectiva as súas proposta. (Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas).

Os horarios dos desfiles serán os seguintes: 

  • Saída do desfile do domingo ás 12:00 horas.
  • Saída do desfile do martes ás 16:30 horas.

A comparsa ou carroza que participen no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a Organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525, chegando ata a Rotonda da Casa do escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. É Importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera.

RECOMENDACIÓNS:

1. Recoméndase non  realizar  paradas con duración prolongada no tempo para que non exista moita distancia entre os grupos dos desfiles. Sigan sempre a comparsa/carroza ou charanga que levan diante sen deixar moitos metros de marxe.

2. Aqueles vehículos a motor que non teñan o seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do concello para os desfiles. Neste caso,  recomendase que dita carroza/comparsa contrate o seu propio seguro para estes tipos de eventos.

3. Aqueles vehículos que foran modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque modificado para dito evento recoméndaselle que leve consigo un extintor.

MÁIS INFORMACIÓN:

Domingo de piñata: poderán participar na comida que se realiza este día, (previo Pago) unicamente os participantes que se inscriban previamente para o desfile. Os Tíckets para dita comida recolleranse no restaurante no que se fará o xantar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac