Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O gañador do último premio planeta, Santiago Posteguillo, participará na segunda edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín
O gañador do último premio planeta, Santiago Posteguillo, participará na segunda edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2019 13:38

Os vindeiros 29 e 30 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a segunda edición das “Xornadas de Novela Historica”. Devandito evento, que foi presentado está mañá na Biblioteca polo tenente de  alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura e dous dos moderadores do evento, Noa González Sousa e Miguel Losada, contará coa presenza de sete autores de primeira fila dentro de este xénero, entre os que se encontra o gañador do último premio planeta, Santiago Posteguillo.

O principal obxectivo destas xornadas, que serán inauguradas polo doctor en antropoloxía e teoloxía, Manuel Mandianes, e realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran. Para isto, as xornadas contarán coa participación de reputados poñentes da máxima solvencia, con obras que avalan as súas teses, moi respectados no seu campo.

Lourenzo destacou o “rotundo éxito das primeira edición da iniciativa, con máis de 650 asistentes”,  e confirmou que se manterá o formato inicial das Xornadas de Novela Histórica, contando de novo coa presenza do novel escritor Alejandro Corral, (El cielo de Nueva York. G. Planeta 2015) que dará continuidade ao apartado formativo da iniciativa programado na anterior edición con gran aceptación do público co Taller intensivo de escritura creativa “Técnicas Narrativas”. Nesta ocasión, A. Corral disertará sobre como converterse en escritor e chegar a publicar unha novela.

Por outra banda, Miguel Losada quixo agradecer ao Concello de Verín a súa implicación na organización deste evento. “A posibilidade de que se organicen unhas xornadas tan relevantes no seu xénero na vila é un síntoma máis dos novos tempos que corren por Verín e do bo facer das súas institucións”. Losada referenciou estas xornadas como un “fito para a cultura galega” xa que sitúa capacidade de observación da nosa cultura como unha ferramenta que a proxecta moito máis alá das súas fronteiras físicas, morais, antropolóxicas e culturais.

O Premio Planeta, Santiago Postegillo, estará nunha mesa redonda -moderada polo catedrático de Filología Griega, Antonio Piñero- que levará por título Novelas históricas sobre la Hispania romana. Na mesma estará acompañado por Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e polo autor galego Francisco Narla. Santiago Posteguillo tamén presentará a súa obra premiada pola editorial Planeta Yo, Julia. Coma o ano pasado o terminar a mesa redonda, os poñentes  atenderán ao público e  aos medios de comunicación presentes.

Os afamados escritores e profesores José Calvo Poyato e José Luís Corral tamén regresan as Xornadas verinesas. No caso de Calvo Poyato, ademais da súa participación en varias mesas redondas presentará a conferencia “El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario”; por outra banda,  J.L. Corral.  presentará o seu último traballo sobre “os Austrias”, que completa a súa triloxía escritores.

Como novidade nesta edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias.

+ info: http://www.novhis.bibliotecadeverin.es

 

Programa do Ciclo de Conferencias:


Venres 29 de marzo:

11:00h a 13:00h: Obradoiro intensivo de escritura creativa, "Técnicas narrativas", con Alejandro Corral, modera Noa González Sousa.

  • Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
  • · Inscrición obrigatoria (a partir do 18/03/19, na biblioteca de Verín), máximo 20 persoas.
  •  

18:30h: Inauguración das Xornadas.

  • · Intervención músical do Trobador/Luthier Emilio Arias.
  • · Presentación das II Xornadas da Novela Histórica: Manuel Mandianes.

 

19:00h: José Calvo Poyato: "El último tesoro visigodo: un hallazgo extraordinario."

19:40: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

19:45h: José Luis Corral: "Los Austrias III: el dueño del mundo: triunfo e descenso de Carlos I".

20:25h: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

20:30h: Mesa redonda: "La novela histórica y los tesoros escondidos: de los godos a los templarios", con José Calvo Poyato e José Luis Corral; modera Miguel Ángel Losada García.

  • Remate do primeiro día coa intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.
  • Lugar: Salón de actos da Biblioteca.


Sábado 30 de Marzo

12:00: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

12:10h: Francisco Narla: "Laín el Bastardo: el camino hacia Oriente".

12:40 h: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

12:45h: Alejandro Corral: "El desafío de Florencia. El año en que se encontraron Leonardo y Miguel Ángel".

  • Lugar: Salón de actos da Biblioteca.
  • Remate da mañá, coa intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

18:30h: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

18:35h: Margarita Torres: "La profecía de Jerusalén y el camino de Galicia".

19:10h: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

19:15h: Santiago Posteguillo: "Yo, Julia. Premio Planeta 2018".

20:00h: Intervención musical do Trobador/Luthier Emilio Arias.

20:10h: Mesa redonda: "Novelas históricas sobre la Hispania romana", con Margarita Torres, Francisco Narla e Santiago Posteguillo; modera Antonio Piñero.

21:15h: Peche.

  • Remate das II Xornadas coa intervención musical do o Trobador/Luthier Emilio Arias.
  • Lugar: Salón de actos da Biblioteca.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac