Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo do Claustro de Verín analizou esta fin de semana a orixe do viño na historia e as técnicas de maceración carbónica
O Museo do Claustro de Verín analizou esta fin de semana a orixe do viño na historia e as técnicas de maceración carbónica PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Febreiro 2019 13:57

O Museo do Claustro Mercedario abordou esta fin de semana un novo curso de Cata da UNED, impartido por Luís e Javier Padín, e por José Manuel Ferreira, enólogo da adega Prada a Tope, centrado na historia e nas posibilidades da maceración carbónica. Trinta persoas asistiron a esta nova sesión, algunhas delas procedentes de Ourense e Pontevedra.

No curso desta fin de semana, o autor e editor da Guía de Viños e Destilados de Galicia, Luís Padín, analizou a historia da vide e a súa presenza e influencia nas comunidades humanas, dende a vitis vinífera silvestris, ata as variedades actuais. Dende este punto de vista, explicou Padín, o viño é anterior ó homo sapiens, porque a fermentación espontánea das uvas gardadas púidose dar xa en tempos do homo erectus ou do homo afarensis, antes incluso da aparición da nosa especie.

Nun percorrido histórico pola evolución ampelográfica dos distintos xéneros de vitis, o poñente relatou como a aparición da uva branca foi debida a factores xenéticos vinculados co azar, como a aparición dos albinismos, que provocaron que apareceran especies de uva branca, máis delicadas e difíciles de criar, pero que foron seleccionadas polas súas propiedades, aparecendo os actuais viños brancos.

O curso analizou as técnicas de maceración carbónica como as primixenias na elaboración dos viños, e estivo complementada coa cata de oito caldos elaborados con esta variedade, para afondar nas características organolépticas destes viños, e as súas posibilidades na elaboración de viños de calidade.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac