Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de mil cincocentos nenos e nenas participan no desfile infantil do Entroido de Verín
Máis de mil cincocentos nenos e nenas participan no desfile infantil do Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Febreiro 2019 18:06

Un total de 1532 nenos e nenas, procedentes de 16 centros escolares da comarca verinesa, participaron no desfile infantil do Entroido de Verín.

Os cativos, procedentes das das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; as casas niño de Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; os CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas da Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e da iniciativa Kero Kolo, percorreron as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido.

Nesta ocasión o desfile contou coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Alambique.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac