Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Centos de mulleres acoden os actos convocados polas entidades sociais da comarca
Centos de mulleres acoden os actos convocados polas entidades sociais da comarca PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2019 19:53

8M O CIM, a Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO), C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella agradecen a gran participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Os actos comezaban ás 12:00h coa xuntanza comarcal para as mulleres na praza do Concello de Verín, que serviu de punto de encontro para crear un espazo comunitario. Ás 12:30h tivo lugar a lectura dun Manifesto, co fin de visibilizar as denuncias e esixencias baixo o lema “Mulleres diversas e con iguais dereitos”, e, de seguido, unha performance infantil “en representación da igualdade” contaba cas e cos máis cativas/os como protagonistas dunha xornada cargada de reflexións sobre os dereitos conquistados e reivindicacións en defensa do activismo das mulleres como medio para acadar unha igualdade de xénero efectiva.

Unha das finalidades do acto foi defender o carácter liberalizador do traballo feminino, empoderando a mulleres do rural e diversas, e respaldar a sororidade como mecanismo para erradicar a discriminación da muller así como incluír a infancia para reflexar a importancia de traballar a prol da igualdade dende idades temperás.

O lema elixido este ano, “Mulleres diversas e con iguais dereitos” pretende amosar a realidade das mulleres da nosa contorna, especialmente a das mulleres rurais.

Nas vindeiras semanas, as catro entidades dinamizarán actividades e talleres a prol da igualdade nos diferentes centros educativos da comarca, coa finalidade de promover valores de igualdade dende os máis cativos.

Cabe mencionar que o CIM Centro de Información a Muller desenvolverá diferentes iniciativas para empoderar ás mulleres e loitar contra a desigualdade e a violencia de xénero. Estas actividades incluirán proxectos creativos a través da fotografía e o audiovisual e tamén talleres de empoderamento e formación que se irán desenvolvendo ó longo do ano, tamén destinados á profesionais da comarca.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac