Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín
O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Marzo 2019 10:05

Cena Fin Entroido A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Durante o acto tivo lugar un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles de Entroido. Ao rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, “Pescadilla” e Fidelidade e dos agasallos conmemorativos por parte de Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde; as concelleiras de cultura e turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas; e María Luísa Castro (Luisina).


Os premios foron os seguintes:
- Premio Cigarrón de Honra: José Carlos Cabido.
- Premio “Pescadilla”: Ernesto López
- Premio Fidelidade: José Luis Arias.

Durante o acto tamén se repartiu un agasallo conmemorativo para premiar e agradecer a participación de todas as comparsas e carrozas no Desfile do Entroido 2019.



 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac