Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A vila de Verín xa é propietaria dos tramos urbanos da N-525 e da N-532
A vila de Verín xa é propietaria dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Marzo 2019 17:12

Gerardo Seoane -O alcalde asinou hoxe os documentos oficiais de transferencia das antigas estradas nacionais

-"Iniciamos o cambio histórico de converter estradas en rúas para as veciñas e veciños de Verín"

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, ven de asinar o documento oficial de traspaso dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 ó seu paso pola vila do Támega. "Con este paso", afirmou, "complétase o proceso histórico de mutación das estradas que atravesaban a vila por rúas para as veciñas e veciños". O rexedor anunciou que o Concello xa prepara un proceso de humanización destes viais, con ampliación de aceiras e novas distribucións viarias, toda vez que xa son propiedade municipal.

O proceso de cesión das antigas estradas nacionais iniciouse hai tres anos, coa petición de Seoane a Fomento do seu traspaso para adaptarse á nova realidade urbana de Verín, alonxada xa do seu pasado como zona de tránsito pesado que foi durante anos, e que consolidaba unha fenda no centro da vila. Dende entón, diversas actuacións coordenadas foron humanizando a intersección das dúas estradas nacionais no centro, coa retirada da cartelería estructural do cruce, a humanización da salida cara Castela ou a retirada de barandas e redefinición dos pasos de peóns.

"Agora toca devolver as rúas ás veciñas e veciños de Verín", afirmou Seoane trala firma dos planos da cesión oficial con Fomento, e escomezar "un novo e profundo proceso de reformulación destes espazos, que son ante todo para a vida da xente, na que desenvolven á súas actividades cotiás e nos que teñen que incrementar a súa calidade de vida".

 

Plan de mobilidade

Seoane explicou que con esta cesión Verín avanza máis na aplicación das directrices do Plan de Mobilidade, centrado en reducir o tráfico e as emisións, e que complementará outras actuacións xa consolidadas como a "revolución viaria" da creación da rede de aparcadoiros libres, que levan tres anos retirando unha enorme cantidade de coches da rúa, e que permitiron mellorar a mobilidade propia dunha cabeceira de servizos.

A cesión asinada entre o Concello de Verín e Fomento dos tramos da N-525 e da N-532 permitirá ademáis profundizar nos proxectos verdes de redución de emisións, coa realización de humanizacións e acondicionamentos na entrada na vila dende a autovía A-52, proxectos que contemplan a creación de novos carrís bici que melloren a permeabilidade ciclable da vila e a adaptación das vías do centro cara unha mobilidade sostible.


 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac