Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Volta a maxia a Verín da man da cuarta edición do Festival “Terra Máxica”
Volta a maxia a Verín da man da cuarta edición do Festival “Terra Máxica” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Marzo 2019 17:25

Collage Durante os días 17, 23 e 24 de marzo, Verín vivirá tres xornadas de asombrosos espectáculos da man do Festival de Maxia de Ourense, “Terra Máxica”. As actuacións programadas na vila, que terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e no Auditorio Municipal, son as seguintes:


- Domingo 17 de marzo: Mago Teto. Conferencia-Espectáculo “A increíble historia da maxia”.


A partir das 11:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura desfrutaremos dunha conferencia- espectáculo da man do famoso Mago Teto, donde nos contará os inicios da maxia no mundo e súa repercusión en moitos aspectos da vida. Un acto moi familiar recomendado a partir de 7 anos e que terá unha duración aproximada de 70 minutos.

A entrada e libre e gratuíta ata completar aforo.

- Sábado 23 de marzo: Mago Teto. Espectáculo “25 anos de Tolemaxias”.

Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Verín terá lugar un máxico percorrido pola vida profesional do Mago Teto cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia, dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo e a manipulación.

As entradas estarán dispoñibles no propio Auditorio dende as 17:00 horas do mesmo día da actuación. O prezo da entreda será de 2 €.

- Domingo 24 de marzo: Culturactiva Porduccións. Espectáculo “Saaabor”.

O Auditorio Municipal acolle ás 19:00 horas este espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía de fondo.

As entradas estarán dispoñibles no propio Auditorio dende as 17:00 horas do mesmo día da actuación. O prezo da entreda será de 2 €.


A cuarta edición de Terra Máxica ten lugar do 15 de marzo ao 20 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo.

Esta iniciativa, organizada por Culturactiva S. Coop. G., mantense grazas ao traballo en rede destes seis concellos, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel.


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac