Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Preto de 200 nenas e nenos da provincia xa visitaron as actividades de divulgación ambiental do Museo de Verín
Preto de 200 nenas e nenos da provincia xa visitaron as actividades de divulgación ambiental do Museo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Abril 2019 11:36

Preto de 200 nenas e nenos de diversos centros da provincia de Ourense visitaron as actividades de divulgación ambiental ubicadas, xunto cos fondos permanentes, no Museo do Claustro Mercedario de Verín. As exposicións sobre a "Bolboreta Monarca" e "Aves de Galicia" permanecerán visitables ata o 23 deste mes.


Dende a pasada fin de semana, o Museo do Claustro Mercedario acolle as exposicións “A bolboreta monarca” e “Aves de Galicia”, do Centro de Extensión Universitaria e da Xunta de Galicia, respectivamente, dirixidas á comunidade escolar. Dúas clases de ESO de Ribadavia, e outras tantas dos Mercedarios de Verín, sumáronse á de hoxe do Princesa Sofía, co que xa van preto de 200 escolares que visitan a mostra nos primeiros días.

A mostra permanecerá aberta ata o próximo día 23, e poderase solicitar unha visita guiada para os centros no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

A odisea que protagoniza a espectacular bolboreta monarca, que migra dende Canadá a México máis de 3.500 km todos os anos, ten dado un xiro inesperado: traídas polas correntes altas da atmosfera, algúns exemplares están sendo avistados en Galicia.

“Operación monarca” ofrecerá ós escolares dos centros de Ourense cuxos profesores o soliciten a oportunidade de participar no seu avistamento fotografía e ubicación, e caso de rexistrarse os suficientes na comarca de Monterrei, de participar nunha posterior exposición no Museo.

O singular caso da bolboreta monarca ofrece a posibilidade de estimular a curiosidade polo medio nos escolares da comarca, non só coa súa busca, senón tamén mediante a reflexión sobre a capacidade de adaptación das especies e tamén das consecuencias negativas  da intervención irreflexiva do ser humano na natureza, posto que os seus ciclos vitais están sendo afectados pola súa solta como elementos ornamentais en vodas e celebracións.

Asimesmo, a mostra “Aves de Galicia”, realizada pola Xunta, realiza un repaso polas principais aves do noso entorno, e será tamén complementada con unidades didácticas para os centros que o soliciten. Ambas mostras afondarán na biodiversidade do entorno, e inauguran a realización de actividades de divulgación ambiental na comarca de Monterrei.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac