Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A compañía Redrum Teatro volta a Verín coa obra “A Canción do Elefante”
A compañía Redrum Teatro volta a Verín coa obra “A Canción do Elefante” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Abril 2019 11:52

O vindeiro 4 de maio, ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra “A Canción do Elefante”, portagonizada por Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez  baixo a dirección de Alex Sampayo.

A canción do elefante" de  Redrum Teatro é un  apaixoante  thriller psicolóxico que chega a Verín da man de  Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta e que foi visto por última vez por un paciente que leva sete anos no psiquiátrico. Non é comedia, tampouco é drama... É algo diferente.

As entradas, que xa están á venda en www.ataquilla.com, teñen un prezo de 5 euros.

Redrum Teatro

Redrum Teatro é unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros constituída no ano 2009. Dende a súa fundación non pararon de producir espectáculos de diferentes formatos sempre cun coidado concepto estético e artístico como selo persoal da compañía e cunha clara vontade de entreter.

Conscientes de que o teatro debe servir como instrumento social, terapéutico e pedagóxico, fóronse especializado en espectáculos didácticos dirixidos a público infantil con textos da súa autoría ao tempo que compaxinaron a súa produción con espectáculos para público adulto, tratando de facer un teatro lonxe de elitismos e que pretende abarcar un público de toda clase de condición social e inclusivo.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac