Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os participantes na IX Andaina do Pozo do Demo poderán estrenar "o banco máis bonito do mundo" de Verín
Os participantes na IX Andaina do Pozo do Demo poderán estrenar "o banco máis bonito do mundo" de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 13 Abril 2019 12:37

Os parcipantes na IX Andaina do Pozo do Demo, que reunirá en Verín a 300 persoas este domingo, terán a ocasión de estrenar "o banco máis bonito do mundo" da comarca de Monterrei, ubicado nun punto de paso do trazado, a media altura sobre o Val do Támega, e que permitirá obter unhas fotografías panorámicas sobre a diversa xeografía tamagana.


Dende unha pequena meseta de rocha natural, no banco obtense unha completa visión dos accidentes xeográficos de Monterrei, coa chaira aluvial do Támega en primeiro plano, os terreos do balneario de Cabreiroá, a poboación da Vila, o Castelo de Monterrei ó fondo e, en último termo, os picos do Macizo Central ourensán.

A IX Andaina do Pozo do Demo partirá ás dez da mañá do domingo do Pavillón de Deportes, e ten inscritos a 300 participantes. O percorrido será de 16 kilómetros, con puntos de avituallamento na Veiga das Meás e no novo banco.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac