Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello e Protección Civil de Verín asinan o seu convenio de colaboración anual
Concello e Protección Civil de Verín asinan o seu convenio de colaboración anual PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Abril 2019 11:05

Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre  as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano 2019.

No acto, o presidente da agrupación entregou e explicou ao alcalde a memoria anual de actividades realizadas polos voluntarios durante o ano 2018. Pola súa banda, Seoane  quixo agradecer novamente “o labor totalmente desinteresado e altruísta que os voluntarios veñen prestando, ano tras ano, en beneficio de todos os verineses”.

O obxecto do mesmo é regular as bases de colaboración entre o Concello de Verín e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín destinado ao cumprimento dos estatutos actuais da agrupación, aprobados o pasado 11 de xuño do ano 2014 pola asemblea de voluntarios/as da mesma e o pleno municipal na sesión do 20 de xuño da mesma data, no que se estipula que a Protección Civil Municipal ten coma fin establecer unha organización en base aos recursos municipais, para garantir a coordinación preventiva e operativa da protección das persoas e bens diante dos posibles danos derivados de situacións de emerxencia, grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer as emerxencias menores, mediante a posta en marcha de distintos mecanismos que permitan evitar estas situacións, reducir os seus efectos, reparar danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras das mesmas. Entre as cláusulas que regula o mesmo atópanse o financiamento dos gastos derivados do mantemento da operatividade da agrupación, a cesión da utilización dun espazo para a mesma, mentres que a agrupación comprométese a dar ou facilitar a formación necesarias aos seus membros, así como atender ás demandas de servizo que faga o Concello de Verín, a Xunta de Galicia a través do 112 e outras entidades públicas ou privadas (previa autorización do Concello de Verín), entre outras.

A sinatura de devandito convenio aséntase nos artigos 25.2 c) e 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e os artigos 80,81 e 82 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia establecen as competencias dos concelleiros e alcaldes en materia de protección civil para a realización de actividades diversas en situación de emerxencia; e no artigo 232 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, di que na medida en que o permitan os recursos orzamentarios, o Concello poderá subvencionar económicamente ás asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños, tanto polo que se refire a gastos xerais como ás actividades que realicen.  Ademais, nos números 3 e 4 do artigo 30 da Constitución Española determínase que se poderá crear un servizo civil para o cumprimento de fins de interese xeral e que mediante lei regularanse os deberes dos cidadáns nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública. Para o cumprimento do establecido constitucionalmente parece necesario que, sen prexuízo do establecido na lexislación reguladora do servizo e da protección civil, se contemple o aumento dos recursos locais coa incorporación dos cidadáns ás actividades que desenvolva a protección civil municipal, ofrecéndolles así oportunidades para asumir e realizar, voluntariamente, o cumprimento dos deberes nas circunstancias aludidas anteriormente.


 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac