Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín propón ao sector hostaleiro a creación de Rutas Gastronómicas
O Concello de Verín propón ao sector hostaleiro a creación de Rutas Gastronómicas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xuño 2008 12:45

Na reunión do Grupo de Turismo, conformado polo Concello de Verín e os axentes socioeconómicos do sector, xurdiu a idea de desenvolver unha serie de iniciativas turísticas como son as Rutas Gastronómicas.

Mediante a creación dun pasaporte, que se selará en cada establecemento, ofertaríanse tapas diferentes en cada un deles, maridadas cos caldos da Denominación de Orixe Monterrei. O obxectivo sería crear, polo menos, dúas rutas:

  • Ruta de tapas e repostería na zona antiga (San Lázaro, rúa Muralla, praza da Alameda, rúas Amaro Refojo, Maior e Lisa).

  • Ruta de tapas e repostería na zona nova (rúas Montemaior, Colón, Deputación, Irmáns Moreno, Juan Guerra Valdés, Luis Espada e avenida de Sousas).

Esta iniciativa non está dirixida, exclusivamente, a restaurantes, senón tamén a cafeterías, pastelerías e bares que ofrezan lestes produtos. Por este motivo, desde o ente local invítase a unha reunión, a todos os interesados en participar, que terá lugar o día 17 de xuño, ás 17.30 horas, na Cada do Concello. Para iso, rógase inscribirse na Axencia de Promoción Económica, situada no primeiro piso da casa consistorial, no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-410000, ata o martes 17 ás 12 horas.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac