Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas "La lego película 2" e "Dolor y Gloria" no cinema municipal de Verín
"La lego película 2" e "Dolor y Gloria" no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2019 09:42

Durante os días 19, 20 e 21  de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas La lego película 2, e Dolor y Gloria no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:



  • 19-04-19: LA LEGO PELÍCULA 2: 17:00 h

                            DOLOR Y GLORIA: 19:30 e 22:00 h.


  • 20-04-19: LA LEGO PELÍCULA 2: 17:00 h

                             DOLOR Y GLORIA: 19:30 e 22:00 h.

 

  • 21-04-19: LA LEGO PELÍCULA 2: 17:00 h

                             DOLOR Y GLORIA: 19:30 e 22:00 h.

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

LA LEGO PELÍCULA 2. - APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

Despois de cinco anos de tranquilidade aparece unha nova ameaza: invasores de LEIGO DUPLO do espazo exterior que o esnaquizan todo antes de que dea tempo a reconstruílo.  Emmet, Lucy,  Batman e os seus amigos unirán forzas para librar unha batalla que lles levará a mundos  inexplorados. ( FILMAFFINITY)


DOLOR Y GLORIA. - NRM 16 ANOS

Narra unha serie de reencontros na vida de Salvador Mallo, un director de cinema no seu ocaso. Algúns deles físicos, e outros lembrados, como a súa infancia nos anos 60, cando emigrou cos seus pais a Paterna, un pobo de Valencia, en busca de prosperidade, así como o primeiro desexo, o seu primeiro amor adulto xa no Madrid dos 80, a dor da ruptura deste amor cando aínda estaba vivo e  palpitante, a escritura como única terapia para esquecer o inesquecible, o temperán descubrimento do cinema, e o baleiro, o inconmensurable baleiro ante a imposibilidade de seguir rodando. "Dor e Gloria" fala da creación, da dificultade de separala da propia vida e das paixóns que lle dan sentido e esperanza. Na recuperación do seu pasado, Salvador atopa a necesidade urxente de volver escribir.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac