Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello e o Clube Sendeiristas de Monterrei organizan unha Andaina Solidaria en favor de Cruz Vermella Monterrei
O Concello e o Clube Sendeiristas de Monterrei organizan unha Andaina Solidaria en favor de Cruz Vermella Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Abril 2019 13:24

O vindeiro 1 de maio, celebrarase a II edición da Andaina Solidaria de Verín, organizada polo Concello de Verín e o Clube Sendeiristas de Monterrei, en beneficio de Cruz Vermella Monterrei.

O percorrido, que será de 13 quilómetros, comezará na Praza da Mercé (oficina de Cruz Vermella), e discorrerá por Queizás, o Castelo de Monterrei e A Pousa, para rematar na Praza Maior de Verín.

As inscricións terán un prezo de 5 euros, correspondentes a adquisición dun boleto do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella, que poderá adquirirse en Ferretería Lucas (rúa Galicia, 6.) ou na propia Oficina de Cruz Vermella Monterrei (Praza da Mercé, 16.)

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac