Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 22 de abril de 2019
Pleno Ordinario: 22 de abril de 2019 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Abril 2019 14:53

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA DE DATA 01/04/2019

2, EXPEDIENTE 3921/2017. APROBACIÓN INICIAL DE INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL

3. EXPEDIENTE 1643/2019. APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO CENTRO DE DÍA

4. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 12/03/2019 ATÉ O 16/04/2019, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

6. ROGOS E PREGUNTAS


Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación inicial da proposta de Instrumento de Ordenación Provisional, que segundo o documento técnico redactado por Otima S.L - e informado favorablemente pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático- quedou aprobado inicialmente por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 7 abstencións do Partido Popular.

Segundo salientou Seoane, coa aprobación do instrumento de ordenación provisional (IOP) poderase recuperar o 95% do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2012. Tras a mesma, estará exposto ao público un prazo de 20 días, antes da aceptación definitiva.

Por outra banda o pleno tamén aprobou inicialmente, por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 7 abstencións do Partido Popular, a modificación da  Ordenanza reguladora do Centro  de Día Municipal,  que permitirá que os seus usuarios poidan optar ás axudas á Dependencia da Xunta de Galicia.

A ordenanza modifícarase nos seguintes termos:

A. O artigo 8.1 do corpo legal que quedaría como segue:

1. As tarefas mensuais serán as seguintes:

Asistencia Xornada  Completa           420,00 €

Comida           103,00 €

Merenda  51,00  €

Transporte       140,00 €

TOTAL XORNADA COMPLETA  714,00 €


Asistencia Media Xornada       210,00 €

Comida           103,00 € Merenda       51,00  €

Transporte       140,00 €

TOTAL MEDIA XORNADA     504,00 €

B. O artigo 17 do corpo  legal que  quedaría como  segue “Este servizo é compatible coa percepción de libranzas ou servizos do Sistema Galego de Atención á Dependencia”.

O Presidente deu conta tamén os membros do pleno dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellerías delegadas, en materia de administración local, dende o 12.03.2019 até O 16.04.2019 ambas as dúas datas incluídas.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac