Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As nenas e nenos do programa infantil Kero Kolo celebran o Día Internacional do Libro na Biblioteca de Verín
As nenas e nenos do programa infantil Kero Kolo celebran o Día Internacional do Libro na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Abril 2019 13:17

Esta mañá, as nenas e nenos que participan no programa educativo infantil Kero Kolo celebraron o Día Internacional do Libro na Biblioteca Municipal de Verín,  acompañados dos seus proxenitores e das responsables da iniciativa da Escola de Familia: Sonia Muíños Duarte, educadora infantil do Concello de Verín, e Noemi Vázquez de la Iglesia, psicóloga dos Servizos Sociais comunitarios do ente municipal.

Devandita actividade consistiu nunha divertida xornada de contacontos e manualidades na que, ademais, os responsables da Biblioteca fixeron unha presentación das súas instalacións e servizos aos menores e aos seus proxenitores coa finalidade de trasladarlles a importancia do fomento da lectura dende idades tempranas.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto global da Biblioteca do Concello de Verín de Fomento á Lectura polo que esta institución foi premiada no pasado 2017 co Premio María Moliner á mellor iniciativa de España ao impulso da lectura, posicionando ao ente municipal coma referente a nivel nacional.

O vindeiro xoves 25 de abril a Biblioteca repetirá  esta actividade co resto dos participantes da escola de familia do Concello de Verín.

Programa educativo infantil Kero Kolo

Esta iniciativa da Escola de Familia do Concello de Verín busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de cero a tres anos de idade) onde, acompañados pola persoa directora das sesións, crearase un espazo relacional,  asentando así as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais.

Devandito programa ten por obxectivo crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac