Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Escolma gráfica da Historia das Letras Galegas” na Biblioteca de Verín
“Escolma gráfica da Historia das Letras Galegas” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Abril 2019 12:01

O vindeiro 26 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín acolle a inauguración da exposición “Escolma Gráfica da Historia das Letras Galegas”, mostra que recolle a recompilación da cartelería histórica que acompañou a celebración do Día das Letras Galegas dende o seu inicio.

A través de trinta e dous carteis, esta mostra fará un percorrido histórico sobre a evolución do chamamento á conmemoración da publicación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, data elixida para celebrar o día oficial das Letras Galegas.

A exposición está conformada polos fondos da Fundación Penzol, e será comisariada por Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol, e o director da mesma, Francisco Domínguez. O obxectivo desta mostra é comezar a celebrar as Letras Galegas, adicadas este ano a Antonio Fraguas, e unha vez rematada, o 17 de maio, ceder a mesma aos centros de ensino que así a soliciten.

Curriculum dos comisarios/as da exposición:

 Mª Dolores Cabrera Iglesias (Santiago de Compostela, 1952) licenciada en Filosofía e Letras (sección Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1974, traballou como docente en Vigo.

 Complementariamente, realizou diversos cursos de ANABAD-Galicia e, no tempo da súa estadía en Madrid, o Curso General de Documentación, organizado por SEDIC.  Traballou para a Consellería de Cultura nos equipos de elaboración do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego (CSBG) en diferentes bibliotecas da provincia de Pontevedra.

Realizou varios traballos de investigación sobre a edición e o libro galego. Froito deles, publicou a monografía divulgativa Editar en Galicia no 1993, así como varios artigos e colaboracións en diversas publicacións periódicas e Xosé M.ª Álvarez Blázquez. Ourive de libro, no 2008.

Formou parte da Mesa do Libro, que se encargou da elaboración da primeira Lei do libro e da lectura, aprobada no Parlamento no 2006.

Padroeira da Fundación Penzol, colabora nas comisións de Comunicación e mais de Actividades, coordinando, con outros compañeiros, os libros Fermín Penzol. Unha obra para un país(2010) e Francisco Fernández del Riego. Vigo no corazón de Galicia (2013). Sobre estes e outros temas comisariou tamén varias exposicións nesta casa.

 

Francisco Domínguez Martínez. (Santa Uxía de Ribeira): Perito Industrial e Doutor Enxeñeiro Industrial.

Incorporouse ao galeguismo en Vigo no ano 1965 e máis tarde fixo labor cultural no Centro Galego de Barakaldo mentres traballaba e estudaba en Bilbao.

Exerceu o seu labor profesional na empresa  privada durante 30 anos e logo na universidade de Vigo como técnico de I+D e como profesor.

Foi fundador e Secretario de organización do Partido Galeguista e Director (voluntario) de Cáritas da diocese de Tui-Vigo.

Actualmente está xubilado e é director da Fundación Penzol, conselleiro de Editorial Galaxia, presidente da Sociedade de Estudos, Publicación e Traballos (SEPT) promotora da tradución e publicación da Biblia ao Galego desde as linguas orixinais.  Voluntario de Cáritas de Vigo no programa de Emigrantes.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac