Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “A etnografía e os fotógrafos” na Sala de Exposicións de Verín
“A etnografía e os fotógrafos” na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Maio 2019 10:32

A Sala de Exposicións de Verín acolle a exposición “A etnografía e os fotógrafos, que se pode visitar até o día 16 de maio, de luns a venres das 16:30 ás 20 horas.

Creada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense para a  Romaría Etnográfica Raigame do pasado ano, “A etnografía e os fotógrafos” céntrase nos fotógrafos ambulantes, que traballaban polas rúas, en festas, feiras e outras celebracións. Desde a introdución da fotografía en Galicia e con moi diferentes pretensións, eles percorreron o país facendo tomas da paisaxe, das cidades, vilas e aldeas, dos monumentos e das xentes nas máis diversas situacións da súa vida: traballando, xogando, divertíndose, e tamén nos momentos da morte.

“A etnografía e os fotógrafos” mostra o traballo de máis de vinte fotógrafos, presentando imaxes que hoxe son documentos fundamentais para a antropoloxía social e cultural, así como para a socioloxía e a etnografía. Nesta exposición poderemos coñecer desde os pioneiros da fotografía, como Zagala, Reboredo ou o Estudo Pacheco de Ourense, a outros máis recentes como o ourensán Rizo, Estalote de Santiago ou o Estudio Chao de Ribadavia. Tamén, a fotógrafos que fixeron o seu traballo con claras intencións de investigación, como Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas” ou o antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen. E faise unha relación de fotógrafos ambulantes que non acadaron a sona doutros, que traballaron na súas comarcas retratando acontecementos diversos: vodas, bautizos, comuñóns, e sobre todo retratos familiares: Xosé Collazos, o “Retratista de Matamá”; Salvador López Requejo, de Maceda; ou Manuel Garrido, de Parderrubias - A Merca.

Os paneis que forman a exposición achegan datos biográficos dos autores, acompañados dalgunhas fotografías representativas do seu traballo.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac