Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concerto didáctico do Conservatorio de Verín na Praza Maior
Concerto didáctico do Conservatorio de Verín na Praza Maior PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Maio 2019 11:51

O sábado 11 de maio, ás 12:00 horas, profesores e alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico na Praza Maior de Verín, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda, Tecla e Vento e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, e presentarán os instrumentos que ofrece o centro.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín forma en clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín a persoas que comecen estudos entre os 8 e os 14 anos.Para os de 7 anos ofrece un Curso de Fundamentos Musicais. Para os de 6, un Curso de Música para os máis pequenos.

Os concertos teñen como obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín. A entrada será libre, ata completar aforo.

A inscrición para acceder á formación oficial (alumnado entre 8 e 14 anos) está aberta até o día 15 de xuño. Para informarse: Casa do Concello de Verín (Cultura, 1º andar).

 

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac