Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alcalde de Verín nega as "falsedades radicais" do voceiro do PP sobre o gasto municipal
O alcalde de Verín nega as "falsedades radicais" do voceiro do PP sobre o gasto municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Maio 2019 19:02

O alcalde de Verín denuncia unha campaña de "mentiras sistemáticas" do líder do PP baseada nunha  "radicalización das mentiras" sobre a situación económica do Concello, comezando pola nota de prensa difundida hoxe sobre a operación de tesourería habitual todos os anos. Seoane engade que son falsas todas as afirmacións de Jiménez, que o Concello de Verín ten unha liquidez cercana ós catro millóns de euros, e denuncia ameazas a funcionarios para que obstrúan os pagos.



Gerardo Seoane:

- "A operación de tesourería se pide todos os anos, tamén estando Jiménez, e se devolve cando se obra o IBI, para axudar ás labores de financiamento do Concello. Estamos totalmente dentro da normalidade".

- "É falso que o Concello deba tres millóns a provedores. Do exercicio de 2018 hai un remanente de crédito de 2,4 millóns de euros, cifra que  está pendente de pago a cargo de eses recursos, debido ó cambio de criterio do interventor á hora de contabilizar ás facturas é a falta de persoal.

- "De anos anteriores hai que facer un recoñecemento extraxudicial de débeda dende o ano 2013, 2014  e 2015 ó obxecto de regularizar contas nunha cantidade moi pequena totalmente asumible".

- "Nestes momentos o Concello de Verín ten unha liquidez, cercana ós catro millóns de euros, procedente de: o diñeiro que ten habitualmente nas contas, dun millón e medio de euros, ó que hai que sumarlle a operación de tesourería de un millón catrocentos que se ven de adxudicar ó Banco Sabadell, absolutamente rutinaria, e o ingreso do imposto de circulación, cercano ós 600.000 euros, e máis o ingreso do fondo nacional e da Xunta que son 250.000 mensuais, e outros."

- "O goberno está en condicións de solventar os problemas burocráticos derivados da ausencia de tesoureiro e falta de persoal no departamento de intervención, e xa empezou a pagar estes días a todos os provedores".

- “É importante lembrar que a débeda a longo prazo reduciuse na lexislatura á metade, pasando dos catro aos dous millóns de euros”.

-" Cónstame ameazas do sr. Jiménez a determinados funcionarios, para que non fagan o seu traballo, así como denunciar continuas coaccións ó labor dos funcionarios que teñen que facer os pagos".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac