Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Preto de 160 alumnos participaron nos cursos de cata da Uned no Museo de Verín
Preto de 160 alumnos participaron nos cursos de cata da Uned no Museo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Maio 2019 15:20

Hoxe rematou o séptimo curso oficial da UNED dedicado á cata é o mundo do viño en Verín, na que foi a primeira edición desta formación oficial no Museo do Claustro Mercedario da vila do Támega. Foron máis de 160 alumnos os que pasaron polas aulas formativas dende o pasado mes de setembro, en sesións dedicadas ó entorno enolóxico, o que anima a UNED e Concello a programar novos cursos para setembro.

Os cursos de cata da UNED no Museo de Verín comezaron o pasado mes de setembro cunha introdución ás castes varietais de uvas, coincidindo coa vendima, e examinaron en meses sucesivos a maceración carbónica, os brancos do mundo en relación cos viños de Monterrei ou, coma onte, os viños galegos e o seu emprego na coitelería universal.

Foron máis de 160 alumnos en sesións de entre 35 e 20 cada aula, con elementos técnicos da cata e nos que se probaron máis de 150 tipos de caldos e augardentes, impartidos polos mellores expertos e sumilleres de Galicia.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, agracedeu hoxe á UNED á súa implicación en traer formación especializada a Verín, e anunciou a intención do Concello de profundar nos contidos buscando novas ensinanzas e dando continuidade a estas actividades que tanto éxito acadaron na vila.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac