Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 48 finalistas nos certames literarios do Día das Letras Galegas de Verín
48 finalistas nos certames literarios do Día das Letras Galegas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Maio 2019 12:32

En total, corenta e oito alumnos e alumnas de sete centros educativos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contan, un ano máis, coa colaboración de Gadis. Na Biblioteca Municipal, o día 15 de maio, terá lugar tamén unha actividade dedicada a Antonio Fraguas, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2019.

Verín celebrará o Día das Letras Galegas, como xa vén sendo habitual nas últimas décadas, cunha gala músico-literaria na que se recitarán os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e se lerán as narracións premiadas no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O ámbito musical da gala, que se celebrará ás sete da tarde no Auditorio Municipal do Centro das Artes Escénicas de Verín, corre a cargo da Banda do Conservatorio de Música de Verín.

No acto entregaranse premios de 90 euros (primeiros), 60 euros (segundos) e  30 euros aos terceiros  clasificados en cada unha das tres modalidades dos dous certames literarios. Os premios en metálico están financiados integramente polo Concello de Verín, institución organizadora. A todos os finalistas entregaráselle un diploma e un lote de libros, financiados polo Concello de Verín e Supermercados Gadis.

Os centros participantes este ano no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no  Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron, na modalidade de 5º e 6º de Primaria, o CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O IES Castro de Baronceli, o IES Xesús Taboada Chivite, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario participaron nas modalidades de ESO.

O proceso de selección dos traballos presentados comezou nos centros participantes. Cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada unha das dúas modalidades, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria,1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO) .

Á fase final dos certames chegaron un total de 48 persoas. No Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez pasaron un total de 22 narracións, 7 en Primaria, 7 en 1º e 2º de ESO, e 8 en 3º e 4º de ESO. Finalistas do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro foron 26 os poemas finalistas, 9 de Primaria, 8 de 1º e 2º de ESO, e 9 en 3º e 4º de ESO.

Actividade dedicada  a Antonio Fraguas na Biblioteca de Verín

A Biblioteca de Verín ofrecerá o día 15 de maio, ás 19:30 horas, unha conferencia dedicada a figura de Antonio Fraguas, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2019.

Esta actividade temática que leva por nome  “Antonio Fraguas: Un home do seu tempo”, será   impartida por Francisco Fariña Busto, arqueólogo, director do Museo Arqueolóxico de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac