Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín conmemora o 175 aniversario da Garda Civil
O Concello de Verín conmemora o 175 aniversario da Garda Civil PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Maio 2019 16:09

Esta mañá, o  Concello de Verín celebrou un acto conmemorativo no Salón de Actos da Casa da Cultura con motivo do 175 Aniversario da Fundación da Garda Civil.

O acto, que estivo presidido polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo e polo xefe de operacións da  Comandancia da Garda Civil de Ourense, José Fermín Díaz Silva, e o capitán xefe da compañía de Verín, Francisco Javier Martín Márquez, contou coa representación de numerosas autoridades, tanto civís coma militares, membros do corpo da Garda Civíl, así como de veciños e familiares.

 O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou na súa intervención o importante labor que realiza a Garda Civil en distintos ámbitos de actuación como a Seguridade Cidadá, Viaria, Investigación, Loita Antiterrorista, ou Violencia de Xénero, entre moitos outros. Sen esquecer o papel fundamental que representa este corpo de Seguridade Pública fora das nosas fronteiras cooperando en operacións contra o terrorismo, inmigración irregular e crime organizado así como o seu apoio aos labores de xestión de crises militares, civís e humanitarias, “entendendo que garantir a seguridade dos habitantes de calquera zona é fundamental para o  desenvolvemento da nosa sociedade”.

Tamén quixo “agradecer en nome de toda a cidadanía e no meu propio a vosa dedicación e compromiso,  profesionalidade e  traballo, para que  mañá  vos  calcedes  de  novo a  vontade e sentido dá  responsabilidade que vos caracterizan e que permiten que  poidamos vivir  coa  tranquilidade e  seguridade de saber que contamos con  vós para  protexernos”.

Durante o acto visionáronse dous vídeos sobre a orixe da Garda Civil e a súa evolución ata a actualidade e, ao finalizar o mesmo,  ambas as institucións,  Concello e Garda Civil, intercambiáronse senllas placas conmemorativas, para celebrar o 175 aniversario fundacional da Garda Civil.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac