Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O grupo de alumnos da UNED senior visitou as exposicións do Claustro Mercedario de Verín na semana adicada ós museos
O grupo de alumnos da UNED senior visitou as exposicións do Claustro Mercedario de Verín na semana adicada ós museos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2019 11:26

Un grupo de  alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia de Ourense visitou resta mañá unha visita guiada ás exposicións do Museo do Claustro Mercedario de Verín. Este grupo vense a sumar a 51 veciños de Cangas que acudiron nunha viaxe organizada en días pasados para coñecer a comarca de Monterrei.

Con motivo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o próximo sábado 18, o Museo do Claustro Mercedario acollerá a visita de tres equipos de Baloncesto Adaptado, un deles de Chaves e dous galegos. O Museo do Claustro Mercedario alberga as coleccións permanentes sobre os primeiros contactos do Val de Monterrei coas civilizacións mediterráneas, sobre o viño e a da historia do licor café. Tamén está abordando actividades de formación medioambiental entre os escolares da comarca, centradas nas Aves de Galicia e na observación da Bolboreta Monarca.

O Día Internacional dos Museos celebrase en todo o mundo para recoñecer o labor divulgativo e de formación destas institucións, e o ano pasado participaron con diversos actos case 40.000 museos en 158 países.

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac