Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas "Wonder Park" e "Lo dejo cuando quiera" no cinema municipal de Verín
"Wonder Park" e "Lo dejo cuando quiera" no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2019 11:58

Durante os días 17, 18 e 19  de maio, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas  Wonder Park e Lo dejo cuando quiera no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:


  • 17-05-19: LO DEJO CUANDO QUIERA: 19:30 e 22:00 h.


  • 17-05-19: WONDER PARK 17:00 h

            LO DEJO CUANDO QUIERA: 19:30 e 22:00 h.


  • 17-05-19: WONDER PARK 17:00 h

                            LO DEJO CUANDO QUIERA: 19:30 e 22:00 h.

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).


WONDER PARK. - APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

June ( Brianna  Denski) é unha nena moi creativa que logra dar cun incrible parque de diversións infestado de atraccións incribles e animais  parlanchines. O punto é que aínda que inicialmente cre que este parque máxico foi abandonado, en realidade provén da súa imaxinación e por iso é a única que poderá salvalo dunha gran ameaza. ( FILMAFFINITY)

LO DEJO CUANDO QUIERA. - NRM 16 ANOS

Amigos desde a facultade e sobradamente preparados, Pedro, Arturo e  Eligio son tres profesores universitarios aos que a crise deixou sen traballo. Cansos e sen branca, atopan accidentalmente a solución aos seus problemas no proxecto de investigación no que Pedro leva anos traballando: un complexo  vitamínico que ofrece, para a súa sorpresa, desfasamento a lume de biqueira sen efectos secundarios. Os tres profesores, co apoio de Anabel, unha avogada reconvertida en empregada de gasolineira, e de Xota, unha alumna máis interesada na esmorga que nos estudos, lanzaranse ao mundo da noite e dos negocios turbios para comercializar a mercadoría. Algo para o que non parecen estar aínda tan sobradamente preparados. ( FILMAFFINITY)


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac