Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Camiños Sonoros” chega esta fin de semana a Verín, con concertos a cargo de novos prodixios galegos
“Camiños Sonoros” chega esta fin de semana a Verín, con concertos a cargo de novos prodixios galegos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Maio 2019 13:18

Os concellos da Mezquita e Verín acollerán esta fin de semana os concertos de  Camiños Sonoros, o novo ciclo musical impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Mocidades Musicais  Eixo Atlántico que, no marco da programación do Xacobeo 21, divulga o Camiño de Santiago a través da música e conta coa participación de estudantes de conservatorios profesionais de música da Comunidade.

Xoves músicos dos conservatorios de Vigo e A Coruña levarán un repertorio clásico e tamén unha sesión de jazz a estes dous concellos ourensáns. A primeira cita será na Mezquita (Ourense) o venres ás 20,00 horas, cun concerto de clarinete, violín e piano no que soarán pezas de Mozart,  Poulenc e  Stranvinsky, na igrexa de San Martiño. O sábado, na igrexa da Mercé de Verín (Ourense) ás 20,45 horas o protagonista será o piano, cun programa con pezas de  Chopin, Mozart,  Prokofiev e  Debussy. Verín tamén acollerá a sesión matinal do domingo, na praza da Mercé, ás 13,30 horas, onde o público poderá gozar de temas clásicos do jazz a cargo dun dúo de piano e baixo.

Todos os concertos son gratuítos, están dirixidos ao público xeral e son parte dun programa de 40 actuacións que terán lugar as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos de interese patrimonial na Vía da Prata como, entre outros, o Castelo de Monterrei, o Mosteiro de  Carboeiro, o Mosteiro de Oseira, o Pazo de Liñares en Lalín ou o Pico Sacro, en Boqueixón, percorrendo as tres provincias galegas polas que pasa este itinerario xacobeo.

O Camiño a través da música

Este ciclo musical forma parte da programación previa do Xacobeo 21 e inclúese no calendario do Plan Director do Camiño de Santiago, que en 2019 prioriza melloras e diferentes accións de dinamización cultural na Vía da Prata. Ademais de divulgar o Camiño de Santiago a través da música, este festival profundará tamén na profesionalización do sector musical. Por iso, o programa incluirá unha xornada formativa de  autoemprendimiento musical, con clases sobre ferramentas e habilidades para desenvolver unha carreira profesional dentro da música e cun grupo de actores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( ESADg).

Ademais, o 2 de xuño en Santiago de Compostela celebrarase o Concerto dos embaixadores, coa participación dos músicos Susana Seivane,  Abe Rábade e Víctor Prieto -todos nacidos nalgunha localidade da Vía da Prata, ou con especial relación con algunha delas- que actúan como embaixadores desta iniciativa.

PROGRAMA DE  CAMIÑOS ‘SONOROS' DESTE FIN DE SEMANA EN VERÍN 

Sábado 18 de maio

Verín. Iglesia da Mercé. 20,45* h.

Interpréte:

Mariña Fernández Rueda, piano


Domingo 19 de maio

Verín. Praza da Mercé. 13,30  h.

Intérpretes:

Gerson Tineo  Moffi, piano jazz

Aarón Cazas Belas, baixo jazz


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac