Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Club BTT Verín organiza as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila
O Club BTT Verín organiza as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2019 13:38

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial das que serán as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila, organizadas polo Club BTT Verín en  colaboración do Concello de Verín, Dirección  Xeral de Tráfico ( DXT), Garda Civil, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros e Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena. A iniciativa, na que participarán os centros educativos CPR María Inmaculada, CEIP Princesa de España e CEIP Amaro Refojo  terá lugar os días 6, 7, 10 e 11 de  xuño.

A presentación contou coa presenza da concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil de Verín, Cándida Couñago, do presidente e vicepresidente do Club BTT Verín, KiKo Calviño e Mario Manuel López, da directora do  CPR María Inmaculada,  Gerarda Fidalgo, do xefe de Estudos do CEIP Amaro Refojo, José Manuel Piñeiro, dos propietarios das empresas colaboradoras Bicicletas Chinquena e Bicicletas Matías, Javier Estévez Estévez e Javier Estévez Cañizo, así como de representantes da Garda Civil e da Policía Local de Verín.


O presidente do Club BTT Verín salientou na súa intervención que estas xornadas nacen coa finalidade de poñer en práctica uns dos principais obxectivos do club que é “servir de exemplo ás novas xeracións, trasladándose uns hábitos de vida saudables”. Calviño explicou tamén que se desde a organización decidiuse enfocar as xornadas ao alumnado de quinto e sexto de primaria (10 ou 11 anos), xa que  “é nesta idade cando dan os seus primeiros pasos en termos de mobilidade. Como colectivo vulnerable neste eido, cremos que é noso deber axudalos e guialos no seu espertar crítico”. Ao finalizar as xornadas, os menores serán os responsables de trasladarlle ao grupo de goberno municipal todas as ideas aprendidas tras observar o modelo urbanístico vixente actualmente na vila.

A directora do CPR María Inmaculada cualifico como “un gran logro para a vila de Verín” que  os tres centros educativos únanse cun obxectivo común tan importante e fundamental como é a educación viaria.

Pola súa banda, Cándida Couñago, quixo agradecer a implicación dos organizadores e colaboradores e destacou a importancia deste tipo de iniciativas que promoven a educación viaria desde idades temperás “xa que desde o grupo de goberno consideramos que é un elemento fundamental para a convivencia”.



PROGRAMA

 

XOVES, 6 de Xuño:

TALLER :" Coñecemos a nosa bicicleta". Impartido por Javier Estévez Estévez e Javier Estévez Cañizo, propietarios de Bicicletas Chinquena e Bicicletas Matías.

Duración: 60min.

 

HORARIOS:

- CEIP Pricesa de España: 9:45 a 10.45.

- CEIP Amaro Refojo: 11:00 a 12:00.

- CPR  María Inmaculada:12:30 a 13:15.

 

VENRES, 7 de Xuño:

"Sesión informativa e de concienciación vial"

(necesitarase un aula con pantaia dixital). Esta sesión será lavado a cabo pola coordinadora de Educación Vial da DXT de Ourense, Dña Sinda Aguiar. Duración: 60min.

 

HORARIOS:

- CPR María Inmaculada: 9:05 a 10:05.

- CEIP Princesa de España:10:35 a 11:35.

- CEIP Amaro Refoxo :12:30 a 13:30.

 

 

LUNS, 10 de Xuño:

Charla-coloquio: " O deporte: un estilo de vida", ca presenza de Abel Franco, socio do Btt Verín, actualmente enrolado nas filas do clube ciclista Froid de Pontevedra.

Duración: 60min.


HORARIOS:

-CEIP Amaro Refojo: 9:00 a 10:00.

-CEIP Princesa de España: 10:35 a 11:35.

-CPR María Inmaculada. 12:25 a 13:25.

 

MARTES, 11 de Xuño:

Charla-coloquio: " Normas de seguridade e condución", contando ca presenza do Teniente da Agrupación de Tráfico de Verín, D. Juan Carlos Nogueiras.

HORARIO: 10 a a 11: 00

Esta actividade será conxunta, e farase no salón de actos do colexio CPR María Inmaculada.

 

A continuación, os alumnos disfrutarán de:

- Circuito de Educación vial (teremos bicicletas para aqueles alumnos que a precisen).

- Circuito de Habilidade.

- Presenza de vehículos oficias das forzas de seguridade e bombeiros.

 

O  club  BTT  VERÍN terá  agasallos  para  os  "ciclistas"  que  mellor  fagan  os circuitos.

É recomendable que aqueles que poidan, leven as súas bicicletas.

 

MÉRCORES, 12 de Xuño:

"Rota ciclista ".

Nesta derradeira xornada faremos unha saída en bicicleta. Participarán os alumnos  de  5º  e  6º  de  EP  dos  colexios  participantes  nestas  xornadas escolares. Iremos acompañados pola Policía Local de Verín, membros da Agrupación de Tráfico da nosa localidade e Protección Civil. O alumnos de 2º de ESO do colexio María Inmaculada estarán presentes ademáis de membros do Club BTT VERÍN.

 

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac