Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entregados os premios do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez
Entregados os premios do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2019 11:06

Vintedous relatos presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada, o Colexio Apostólico Mercedario, o IES Castro de Baronceli e o IES Xesús Taboada Chivite foron os centros con alumnado participante neste certame literario que promove o Concello de Verín.


Despois da fase de selección previa, que realizaron os centros participantes; Xosé Carlos Caneiro Pérez; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo; e a concelleira-delegada de Cultura e Educación, Emilia Somoza Basalo, entregaron os galardóns que concedeu o xurado da fase final do certame. Os premios consistiron en contías económicas de 90 euros para os primeiros, 60 para os segundos e 30 para os terceiros, e lote de libros e diploma para as autoras e os autores dos vintedous relatos finalistas. O xurado cualificador da fase final estivo formado por profesoras e profesores desvinculados do alumnado que concorría, propostos polo Concello de Verín.

En Primaria, o primeiro premio foi para o relato O diario de Loli de Daniela Romero Machado e Sara Pérez González,alumnas de 6º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O segundo premio concedéronllo á obraA tristura de Helena de Marina Moredo Martínez, alumna de 6º do CEIP Amaro Refojo. O terceiro foi para Club Researchers de Noa Castro Yáñez,alumna de 6º do Colexio María Inmaculada.

Na Educación Secundaria Obrigatoria, no nivel de 1º e 2º de ESO, gañou o relato Esquecida de Silvia Calviño Álvarez, alumna de 2º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O segundo premio acadouno a narración Lembranzas de José Antonio Conde Rodríguez, alumno de 2º do Colexio María Inmaculada. O terceiro premio foi para o traballo titulado Os soños dun actor reprimido de María Coello Galindo, alumna de 2º do Colexio María Inmaculada.

No nivel de 3º e 4º de ESO obtivo o primeiro premio o relato Unha alma e un fulgor de Sheila Prieto Estévez, alumna de 4º do I.E.S. Castro de Baronceli. O segundo premio foi para a obra O espertar de Laura Rodríguez Estraviz, alumna de 4º do I.E.S. Castro de Baronceli. O terceiro premio foi para a narración titulada Panxeade Iria Rey Álvarez, alumna de 4º do Colexio María Inmaculada.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac