Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Conservatorio de Verín abre o prazo de inscrición para comezar estudos
O Conservatorio de Verín abre o prazo de inscrición para comezar estudos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Maio 2019 09:31

Até o día 14 de xuño, permanece aberto o prazo de inscrición para comezar os estudos oficiais de música . A tramitación, gratuíta, realízase na Casa do Concello.

O Conservatorio de Música de Verín imparte os catro cursos do grao elemental en oito instrumentos: clarinete, frauta traveseira, guitarra, piano, saxofón, trompeta, viola e violín.

Para comezar os estudos oficiais de música é imprescindible que as persoas teñan actualmente de  8 a 14 anos ou que cumpran 8 e non cumpran 15 no ano no que andamos. Tamén, que fagan unha proba de aptitudes, non de coñecementos, para o acceso.

O alumnado oficial de música recibe semanalmente catro horas de formación. Tres horas son de disciplinas comúns, nas que o alumnado participa en clases colectivas de Linguaxe Musical (dúas sesións semanais de 1 hora de duración) e Educación Auditiva e Vocal (unha sesión de 1 hora). Unha hora é de formación instrumental, nunha clase individual na que a persoa matriculada aprende progresivamente, ensinado por unha persoa que ten o titulo superior nese instrumento concreto.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín promove, como estudos non oficiais, para nenos e nenas de 6 e 7 anos de idade ou que os cumpran antes do 31 de decembro, un Curso de Fundamentos Musicais (alumnado de 7 anos) e un Curso de Música para Peques (alumnado de 6 anos). En ambos os dous cursos, que non son de estudos regrados, impártese unha sesión semanal de unha hora de formación.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín depende do Concello de Verín e está radicado, como o Auditorio Municipal, no Centro das Artes Escénicas e Musicais.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac