Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Sara Salgado e Diana Calvo posicionan á vila de Verín no “top 10 mundial” dos Campionatos escolares internacionais de cálculo mental
Sara Salgado e Diana Calvo posicionan á vila de Verín no “top 10 mundial” dos Campionatos escolares internacionais de cálculo mental PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2019 13:00

Sara Salgado Rato (10 anos) e Diana Calvo (11 anos),  alumnas de quinto Curso de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzaron o primeiro  e sétimo posto -respectivamente- entre os 41.370 participantes na súa categoría, nos Campionatos escolares internacionais “SuperTmatik” de cálculo mental.

Sara, con máis de 5 segundos de diferenza co subcampión, revalida por segundo ano consecutivo o primeiro posto na súa categoría correspondente, logrando resolver as operacións matemáticas en tan só 37,12 segundos; Diana, con 49,03 segundos, entra por primeira vez no “top 10 mundial” cun máis que honorable sétimo lugar. A presenza das dúas menores verinesas nesta competición celebrada a nivel global encheu de orgullo aos seus familiares, compañeiros e profesores, en especial, ao seu titor e director do centro, Ricardo Rodríguez, que manifestou sentir un “gran orgullo” polos resultados obtidos polas súas alumnas.

As menores foron recibidas hoxe, xunto co director do centro educativo, Ricardo Rodríguez, no Concello de Verín por Gerardo Seoane, alcalde en funcións de Verín, e Diego Lourezo, tenente de alcalde e concelleiro en funcións de Mocidade, quen destacou “a  gran honra que supón para os nosos cidadáns contar con dúas verinesas entre as mellores do mundo en calculo mental, sobre todo tendo en conta  que tiveron que medir as súas destrezas ante outros 41.368 nenos e nenas de 45 nacionalidades diferentes.”

 Campionatos escolares SuperTmatik de cálculo mental.

Trátase  dun campionato que se celebra a nivel mundial vía internet, no que participaron nesta edición 257.250 alumnos e alumnas de 45 nacionalidades diferentes divididos en 9 categorías.  Está destinado ao alumnado do ensino básico de escolas públicas e privadas buscando alinear as compoñentes didáctica e lúdica, nunha fórmula xeradora de motivación extra para as aprendizaxes.

A clasificación realízase co tempo mellor tempo conseguido polos participantes nos tres intentos cos que contan para resolver as 15 probas con operación combinadas ás que se enfrontan.





 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac