Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín obtén unha subvención de 797.551 euros para a construción dunha nova ponte en Queizás
Verín obtén unha subvención de 797.551 euros para a construción dunha nova ponte en Queizás PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Xuño 2019 13:35

O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético, IDAE, ven de conceder 797.551 euros ó Concello de Verín para a construción dunha nova ponte na vila, concretamente en Queizás, que retire o tráfico pesado do centro, especialmente ós camións con destino ó polígono de Pazos. Esta nova subvención vense a sumar á recibida a pasada semana de 779.784 euros para a renovación das lámpadas do alumeado público exterior.

O proxecto englóbase dentro do Plan de Mobilidade de Verín, que ten como obxecto a redución de emisións no ámbito urbano. O programa concreto, segundo o texto da concesión dos 797.551 euros, consiste en "a construción dun viario perimetral que sirva de circunvalación perimetral complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75" de xeito que os camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así significativamente as emisións.

O alcalde en funcións de Verín, Gerardo Seoane, felicitouse pola concesión desta nova e importante axuda, afirmando que "esta é unha moi boa noticia, porque nos permitirá continuar coa humanización do centro da vila, ó quitar outro porcentaxe  máis de tráfico do centro".

Continuar coa humanización

"As actuacións en materia de mobilidade", afirmou, "xa foron o eixo da anterior lexislatura, cos parkings libres e as reformas viarias executadas en toda a vila". "Agora toca", dixo, "as grandes melloras estruturais que continuarán a cambiar a faciana de Verín". A primeira medida para retirar o tráfico pesado da vila foi o parking de camións, que foi seguida do cambio da ordenanza para prohibir o seu estacionamento no casco.

A nova ponte suporá unha inversión total de  996.938 euros, e cruzará o Támega dende o acceso principal a Verín dende a estrada de Portugal ata o polígono de Pazos.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac