Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2019”
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2019” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2019 11:34

Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que o 5 de xuño abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2019”, unha iniciativa lúdico-deportiva, que desenvolverá desde o luns 1 de xullo ata o venres 30 de agosto, destinada a máximo de 200 menores nados dende o 2005 ata o 2015.

As actividades que conforman devandito programa, que terá lugar de 09.30 a 13.30 horas, se distribuirán en grupos homoxéneos de idades (4-5-anos, 6-7 anos, 8 a 10 anos e 11 a 14 anos):


Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres)

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.



Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres)

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Complexo deportivo A Granxa e piscinas de A Granxa.

Actividades: actividades deportivas de fútbol e fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.



Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

 

*Neste grupo existe a opción de acudir durante tres días ao grupo de fútbol e fútbol-sala e os dous restantes as actividades do grupo xeral de 5 días.

Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol (luns, mércore e venres) co xeral (martes e xoves).


Ofértase a opción de elixir temporalidade (quincena, mes ou dous meses) e os prezos para participar nesta edición da Escola de Verán son os seguintes:

 

O primeiro día da escola de verán (1 de xullo) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09.30 horas). Ao rematar a charla, os menores irán as Piscinas descubertas.

A inscrición realízase nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno s/n.) En horario de 9:00 a 14:00.

 Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre rechear a folla de solicitude e a autorización pola protección de datos persoais, entregar unha fotocopia do DNI e o xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora e unha fotocopia ou amosar a condición de eurocidadán/empadroado do menor, para entregar todo nas oficinas do pavillón municipal ata que se cubran as prazas dispoñibles.

Descarga aquí os documentos:

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac