Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo para matricularse no campamento do Albergue “A Vilavella”, en a Mezquita
O Concello de Verín abre o prazo para matricularse no campamento do Albergue “A Vilavella”, en a Mezquita PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2019 13:45

Por segundo ano consecutivo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organiza un campamento infantil que terá lugar no albergue da estación de ferrocarril de Vilavella, situado en A Mezquita. O obxectivo e fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente nos menores, valorizar a importancia da reciclaxe e promover a convivencia mediante actividades lúdicas e educativas como tirolina, ponte tibetana, escalada en rochódromo, tiro con arco, obradoiros etnográficos da zona, visitas, xeocaching con gps e piscina, entre outras.

O campamento está enfocado aos menores con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. Haberá dous quendas. No primeira quenda, do 20 ao 26 de agosto, participarán os menores nacidos nos anos 2007-08-09. No segundo quenda, do 26 de agosto ao 1 de setembro,  será o turno dos nados nos os anos 2004-05-06.

O prazo de inscrición comeza mañá 6 de xuño para os empadroados e para os non empadroados o 7 de xuño. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil por rigoroso orden de inscrición máis o pago correspondente ata cubrir ás 90 prazas. A cota é de 150 euros, para os rapaces empadroados no Concello de Verín e 170 euros para os non empadroados.

Manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese, seguro de responsabilidade civil e accidentes, atención sanitaria si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os xoves inscritos.

 

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac