Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis dunha trintena de nenos e nenas participaron na festa de fin de curso do programa “Kero-Kolo”curso do programa “Kero-Kolo”
Máis dunha trintena de nenos e nenas participaron na festa de fin de curso do programa “Kero-Kolo”curso do programa “Kero-Kolo” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Xuño 2019 11:54

Máis de trinta nenos e nenas participaron  onte, xunto cos seus proxenitores, na festa de fin de curso do programa 'Kero-Kolo'. Devandita xornada lúdica tivo lugar na cafetería “Pequenos”, establecemento que cedeu as súas instalacións para a celebración da mesma. Durante o evento, os cativos foron agasallados cunha orla con fotografías de todos os participantes.

A iniciativa  'Kero-Kolo' é un espazo de encontro entre pais/nais e nenos/as, de cero a tres anos de idade, onde conxuntamente coa familia e a persoas directoras das sesións aprenden a relacionarse entre eles. O programa busca crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas por todos os participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

As clases divídense en dúas partes: a primeira, onde se traballa a psicomotricidade fina mediante unha manualidade por temáticas, en función da época do ano e datas sinaladas como o día do pai ou da nai, entroido, día dos namorados... E unha actividade física para favorecer e desenvolver a psicomotricidade grosa.

Durante esta ano lectivo, os menores tamén participaron en xornadas de  actividades especiais realizadas en colaboración con diferentes entidades públicas e privadas: sesións de contacontos e manualidades -en colaboración coa Biblioteca Municipal-, actividades deportivas no Pavillón Municipal, contacontos musicais clásicos – en colaboración co Conservatorio de Música de Verín, visita guiada a fábrica de Cabreiroá e arredores, excursión de fin de curso a Granxa Escola de Lodoselo e a celebración da festa de fin de curso na cafetería Pequenos de Verín.

O programa atópanse enmarcado dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac