Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Xadrez Verín” vencedor Absoluto na Copa Galicia de Xadrez por equipos
“Xadrez Verín” vencedor Absoluto na Copa Galicia de Xadrez por equipos PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 08 Xuño 2019 12:18

Despois da excelente temporada realizada polo CDR Portas Abertas - Xadrez Verín na Liga Galega, onde conseguiu o sétimo posto mantendo a categoría na División de Honra co Verín A e o ascenso a Segunda División co Verín C, o Xadrez Verín ven de conseguir o seu maior logro deportivo da historia proclamándose campión da Copa Galicia por equipos 2019, encontro disputado o pasado domingo 26 en Noia.

Tras un dramático final, con caída de bandeira incluída, o Verín A gañaba na última rolda e proclamábase vencedor absoluto da Copa Galicia con 5 vitorias e un empate. Os Grandes Mestres David Lariño e Luís Galego comandaron o equipo con un xogo moi sólido e cedendo só un empate cada un, posicionandose así como mellores xogadores do torneo. Cabe destacar tamén o gran papel do equipo infantil, que sendo a priori o equipo máis feble do torneo (eran os últimos no ranking inicial), fixeron un gran torneo con dúas vitorias e un empate cas que quedaron empatados polo posto 16 con equipos con un ranking superior en máis de 600 puntos ELO.

Xogadores do Xadrez Verín e alumnos da Escola de Xadrez de Portas Abertas, que conta co apoio do Concello de Verín, foron recibidos este venres, xunto co Presidente de Portas Abertas, Pepe Paz, polo alcalde en funcións, Gerardo Seoane quen, tras felicitar ao equipo, destacou a fantástica tempada realizada polo equipo mantendo a categoría na División de Honra e ascendendo a segunda división co segundo equipo, xunto ca brillante actuación na Copa Galicia cun grande esforzo por parte de todo o equipo. Pola súa banda, os xogadores do Xadrez Verín prometeron "volver con máis trofeos como este e seguir mantendo a Verín na elite do Xadrez Galego".

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac